l

martes, 3 de septiembre de 2013

Berto:”Traballaremos duro para facer unha boa tempada”

O adestrador palilleiro contento porque cree que o “máis bonito é ter o 95% de xente da casa”.




Entrevista de Xosé Manuel Lema en Radio Obradoiro
@xmlema



P- ¿Cómo afrontas esta tempada?

R- Con incertidume e con ganas de empezar nesta liga complicada. Temos un equipo moi renovado con moita xente da casa e moi nova. Vamos a sufrir pero esperamos facer unha tempada digna.



P- É o que había ou esta é a plantilla que ti querías

R- Era o que eu quería porque somos o 95%  do pobo. Estamos curtos nalgúns postos, pero sabemos que podemos ganarlle a calquera se traballamos ben e haber o que pasa. 



P- ¿Nesta pretempada rectificáronse as posibles eivas ou aínda hai preocupacións?

R- A preocupación é porque estamos moi escasos, pero  temos tamén un equipo de xuvenís que está traballando ben e entre todos esperamos non pasar apuros pero hai que traballar moito e duro para poder acaba-la liga o máis alto posible.


P- ¿Como é a Primeira Autonómica?

R- Hai sete equipos que marcan a diferencia e polo resto calquera equipo da Liga da Costa podería competir em primeira. Na Liga da Costa hai sete ou oito equipos que seguramente teñan tanto equipo coma nós. Nós somos um equipo de proxección, moi novo e con xente da casa. Esta liga pode quedarnos un pouco grande pero traballando podemos facer unha boa tempada.



P-No último partido de pretempada formaches co xuvenil Santi. ¿Este foi um aviso para que non se relaxara ninguén?

R-Non. Nos vamos a contar cos xuvenís. A semana pasada tamén xogou Nené toda a segunda parte e hoxe xogou 35 minutos e dicirlle que se queren traballar poden ter sitio nos maiores. Pero hai que vir entrenar. Todos están capacitados para xogar pero o que máis empeño poña vai a ter o seu premio.





No hay comentarios:

Publicar un comentario