l

domingo, 8 de septiembre de 2013

O Soneira supera ao Xallas en Fontenla

Os de Vimianzo lograron unha diferencia de tres goles nos primeiros quince minutos.
Xosé Manuel Lema

@xmlema


A historia deste derbi comarcal quedou marcada polos cinco primeiros minutos de partido. Tal é como recoñeron os adestradores Julio Martínez e Felipe Candamo, o Soneira saiu moi enchufado e asestou dous duros golpes dos que o Xallas non poido recuperarse malia a tenta-lo.


En cinco minutos Bastián de la Sierra “Basti” e Riki adiantaban ao equipo visitante. Basti culminaba o primeiro arreón dos de Felipe e Riki aproveitaba un rexeite para marcar. O porteiro Pablo detiña unha pena máxima pitada sobre Iván Forján e lanzada sen éxito por Javi. Pero non poido evitar o gol de Riki.


A resposta foi unha clara ocasión que tivo Darío Capelo ao plantarse diante dos dominios de Víctor. Pero no  atinou. No minuto 15, chegaría o terceiro “punch”para os de Vimianzo. Javi daba unha asistencia que remataba Basti ao fondo das mallas.





Momentos despois Riki mandaría o esférico ao poste, e Julio Martínez co seu equipo ferido de morte dou entrada a Richi por Iván Forján. O Xallas de Santa Comba sabía que necesitaba un gol rápido para ter esperanzas. Un servizo de Alberto pola banda, foi lanzado por Diego Arnejo que rondou con perigo a portería visitante. Richi disporía dunha clara ocasión ao fío do descanso pero Víctor estivo moi atento e solventou a situación.




No segundo tempo, un Soneira moi concentrado no primeiro tempo cedeu algo de terreo a favor do Xallas de Santa Comba, que non conseguía dominar con toda a claridade desexada para crear ocasións. Houbo unha moi clara de César no minuto 56 que tirou por fora. Minutos despois chegaría o gol de Darío Capelo que daba respiración ao Xallas. Pero a cousa estaba complicada e incluso Riki tivo un man a man con Pablo que evitou o gol. O Xallas quemaba as súas naves con máis corazón que cabeza pero xa con pouco tempo para acometa-la xesta, o colexiado sinalaba unha pena máxima que transformaría Baba. No treito final do encontro, habería unha polémica logo dunha entrada sobre Maikel, que terminaría com Diego Arnejo expulsado e tamén coa vermella para o cancerbeiro reserva Diego.




“Desde o primeiro segundo viuse que non ia a ser a tarde do Xallas. Desgraciadamente confirmouse e hoxe tocou perder”declaraba a Radio Obradoiro o míster xalleiro Julio Martínez que tal é como estaban as cousas sentía como co 0 a 3 o partido estaba prácticamente perdido aínda que emprazou os xogadores a tenta-la  proeza. Na mesma liña se expresou Felipe Candamo, do Soneira, que considerou fundamental a actitude dos seus xogadores para sorprender os verde-laranxas nos primeiros compases do encontro.




No hay comentarios:

Publicar un comentario