l

domingo, 1 de septiembre de 2013

O Camariñas presentouse ante os seus siareiros

Victoria ante o Camelle de Pupus por 6 a 2.





O Camariñas de Berto Suárez presentou a súa aposta para esta nova tempada, baseada en moitas caras novas e moitos homes formados na casa. O obxetivo non é outro que seguir na Primeira Autonómica sen sufrir tanto como na pasada tempada.

O Camariñas saiu a gaña-lo encontro desde o principio pero encontrouse cun Camelle que quería o mesmo. Un Camariñas máis rápido e  combinativo fronte un Camelle aguerrido e loitador.


MARTÍN ANOTOU TRES GOLES


Non tardou en avisar o cadro local con ocasións de Martín e Brais, que nos lograron rematar os servizos de Moriño e Sule. Tamén unha xogada de Yuyo, foi executada por Mario Toja que se encontrou cun despexe do gardamallas Porrúa. O Camelle chegaría menos pero Sergio tamén contou cun par de oportunidades.

Despois dos primeiros 25 minutos chegarían dous goles do Camariñas, facilitados polas facilidades da defensa visitante e o infortunio do seu porteiro. Nas dúas ocasións estaría atento o habilidoso Martín para certificar o gol. Ao fío do descanso outra acción combinada dos palilleiros sería rematada por Sule.


Carlos de Dido, dous goles para o Camelle


O segundo tempo comenzou cuns minutos pouco entretidos. Houbo algunha ocasión por ambos bandos ata que no 63, Brais arranca en posición correcta, aproveitando un dos pases longos tan letais dos de Berto, e sube o cuarto tanto o marcador.

Pero o Camelle demostrou algo moi importante, que non é un equipo que baixe a garda e se rinda e cun 4-0 adverso logrou dous goles consecutivos por medio de Carlos de Dido. Incluso Felipe Barreiro gozou dunha boa ocasión. Homes como Iván, Tedín, ou Javi libraron un dura batalla no centro do campo con xente con oficio como Toja ou Moriño.




 Pero o Camariñas seguiría na súa mesma tónica e os pases longos e os sprints dos seus dianteiros acabarían por pechar unha goleada con dous novoso goles. Un de Brais e outro de Martín que selaría un hat trick.




KIKO BERMÚDEZ, un dos sacrificados e incombustibles directivos do Camariñas que non se perde un partido desde o banquiño sexa dos aficionados como dos xuvenís.














No hay comentarios:

Publicar un comentario