l

domingo, 4 de agosto de 2013

Castriz-0-Camariñas-2-

Partido de pretempada entre Castriz e Camariñas.





Dous novos proxectos con boas expectativas enfrontáronse nun caluroso domingo 4 de agosto no campo de San Pedro. O Castriz de Manolo Corredoira que se presenta como un dos favoritos da Liga da Costa e o Camariñas de Berto Suárez que logrou aumenta-lo seu potencial facendo unha descarada aposta polos xogadores da casa.




Berto gañoulle a partida  a Corredoira con dous goles que chegaron na segunda parte e que foron asinados por Yuyo e por Mario Toja, este último que transformou unha pena máxima cometida sobre o incansable Nazo. Os locais poideron marcar por medio de Chinda e Alberto Mata.




No Castriz, precisamente, nótase o reforzo de Chinda, que ven de militar na Preferente co Xallas de Santa Comba, aínda que o clube parece contar com suficientes recursos para poder estar na parte alta.





Pero é moi cedo para sacar conclusións, pero na mesma liña o Camariñas de Berto Suárez presenta un equipo completo e ambicioso, con homes de sobrada categoría como Moriño ou Mario Toja, ou xente que ven apretando forte como o goleador Yuyo, Nazo ou Nené, que foi a última incorporación do Camariñas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario