l

viernes, 9 de agosto de 2013

O concello asume o control do fútbol base

Manolo González Corredoira asume a dirección das escolas.


O alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira asinaba co presidente do Xallas, José Manuel Pérez un convenio que deixará en mans do concello a xestión das categorías do fútbol base xalleiro, que seguirán competindo co nome de Xallas de Santa Comba.

Esta é a nota de prensa difundida desde o concello de Santa Comba


O concello xestionará a Escola de Fútbol Base


O alcalde Santa Comba, Antonio Landeira Gallardo, asinou un convenio co Xallas de Santa Comba C.F., que suporá que o concello asumirá a xestión e o mantemento das categorías de base do fútbol xalleiro.

Antonio Landeira destacou que con este acordo “quedan protexidas as categorías inferiores que serán coordinadas polo concello, que conta coa estrutura e os recursos necesarios para desenvolver un proxecto solvente”.

Desde o goberno local avanzaron que o director da escola será Manuel González Corredoira. Está previsto que dentro dunha semana se celebre unha reunión cos pais dos alumnos para explicar as características da escola e presentar os adestradores das distintas categorías.

A pesares de que a escola será xestionada polo concello, seguirá levando o nome do clube, Xallas de Santa Comba.

Um representante do concello  e outro do Xallas de Santa Comba velarán polo cumprimento do convenio e polo correcto funcionamento da escola. Será o propio alcalde, Antonio Landeira e o vicepresidente do XSC, Pedro Fernández Pazos, um directivo ao que o rexedor quixo agradecer o seu especial “esforzo” para que “este acordo satisfactorio” fora realidade.





No hay comentarios:

Publicar un comentario