l

miércoles, 7 de agosto de 2013

O Xallas cae eliminado plantando cara ao Somozas

O Xallas de Santa Comba perdeu pola mínima en Fontenla.




Crónica de Xosé Manuel Lema
@xmlema


Non poido ser pero o Xallas de Santa Comba librou unha digna batalla fronte a un equipo de superior categoría e que afronta unha nova tempada con boas perspectivas.


E foi o xalleiro César o primeiro que gozou dunha oportunidade clara cun tiro que puxo en apuros a Abrahán. Iso sí, o Somozas controlou o partido e de non ser por Diego unha xogada de Luís Ángel e Antas podería rematar en gol. Tamén Héctor sacou un balón debaixo dos paus e o xalleiro Stefan, que milita no Somozas, acercou perigo a área verdelaranxa. Un tiro frouxo de César sería a antesala para que no 45 Luís Ángel espetara o esférico contra o pau longueiro.



No segundo tempo, os de Ferrolterra deron entrada a catro homes, entre eles a Héber e David Franch e aínda melloraron en intensidade. O Xallas resistía e tentaba sorprender, e a piques estivo de face-lo nunha xogada construida por Toñito e Richi que finalizou cun disparo de César que detivo o porteiro visitante en dous tempos. Julio Martínez dera entrada ao porteiro Pablo Ameijeiras e puxo no campo a Cristian Caamaño en sustitución de Toñito. Jesús, conductor do xogo xalleiro, tamén tivo unha ocasión (min 53) despois de removerse nas inmediacións da área. Tres minutos máis tarde anúlanlle un gol ao Somozas.


No 65, hai un penalti, que tira Héber e o cancerbeiro Pablo consegue deter. Julio Martínez daba entrada a Marquiños que daría máis “punch” en ataque ao Xallas. Pablo volvía a ser o protagonista cun novo paradón no minuto 68, pero minutos máis tarde chegaría o único gol do encontro. Foi ao saque dun córner, un remate de cabeza de David Franch.


Pero lonxe de baixa-la garda o Xallas queimou as súas naves, aínda que Pablo volveu a evitar noutra ocasión que o Somozas aumentara a conta. Foi no minuto 79 cando Darío Capelo desde o mediocampo asina un fenomenal pase ao rápido Marquiños que logrou doblegar aos defensas e rematou pegado ao poste. 


O Xallas de Santa Comba tivo algunha ocasión máis de gol nos derradeiros minutos con internadas de Rubén Forján, Jesús, Darío, ou mesmo Marquiños, pero sen fortuna. O equipo foi aplaudido por un público satisfeito pola imaxe ofrecida.




O Xallas formou con:Diego, Rubén Forján, Iván Forján, Héctor, Alberto Pena, Rubio, Darío Capelo, Jesús, Richi, Toñito y César. También jugaron Pablo, Marquiños y Cristian Caamaño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario