l

domingo, 4 de agosto de 2013

Polos campos da costa

Hoxe presentámoche a Futbol na Costa.


FUTBOL NA COSTA nace en plena pretempada futboleira e sen maiores pretensións que a de falar do Deporte Rei na nosa Costa da Morte.


É un Blog  aficionado que non pretende ser unha web de información integral de ningunha categoría. Somos varios amigos, uns aficionados ao fútbol e outros vencellados aos medios de comunicación que queremos compartir na rede crónicas e fotos dos partidos aos que acudimos, curiosidades el algunha noticia.


Podes agardar información e reportaxes rigorosas, pero non nos molestaremos por publicar clasificacións, nin temos compromisos de cubrir determinadas categorías nin ningún partido concreto. Iso sí, dos partidos aos que vaiamos dafremos cumprida conta.


En resume, falaremos do Fútbol da Costa pero sen obrigacións nin compromisos. O noso obxetivo é compartir a información, fotografías, reportaxes, entrevistas dos encontros aos que asistamos por pracer, por casualidade ou por motivos laborais. É moi posible que uns equipos aparezan moito e outros apenas nada, pero xa avisamos é un BLOG aficionado sen ambición de converterse en nada, só de divertirnos, e que sexa o noso "diario de tempada" como amantes do fútbol da Costa da Morte.

Gracias por acompañarnos

Se queres colaborar ou tes algo que contarnos  altamira74@gmx.es 






No hay comentarios:

Publicar un comentario