l

lunes, 12 de agosto de 2013

Corredoira pide máis compromiso no Castriz

Pensa que o Castriz pode estar arriba pero queixase da actitude dalgúns xogadores.



O adestrador da S.D. Castriz, Manolo Corredoira asegurou no programa “Na Encrucillada” de Radio Obradoiro(107.5 FM) estar“un pouco tocado no aspecto moral porque  hai xogadores que se toman a categoría con pouco profesionalidade”.


Neste senso, o adestrador xa plantexou as súas ideas a directiva e xogadores para haxa un cambio de “chip” inmediato” porque hai membros do plantel que “ou non o teñen claro ou pensan que o Castriz e un equipo de peñas”, pero que na Liga da Costa hai que ter un mínimo de profesionalidade.


“Hai cousas que non me están a gustar e espero que se rectifiquen”


“Hai cousas que non me están a gustar e espero que se rectifique” sinalou González Corredoira matizando que “Se algo queremos algo nos costa e hai que adestrar e traballar”. Con todo isto, tamén destacou que hai xogadores que sí se están esforzando.


Manolo Corredoira cree que “se a xente traballa, e somos organizados, non vamos a ter atrancos para estar pelexando por estar o mais arriba posible”.

O adestrador opina que hai varios equipos que parten como favoritos como Sofán, Fisterra e Sporting Zas “que se reforzaron moito e ben” , o Cee “que sempre é candidato” ou mesmo o Corme. Agarda que o Castriz estea nese grupo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario