l

martes, 6 de agosto de 2013

O Xallas quere seguir adiante

Oitavos de final con varios clubes da zona.




@xmlema


Este mércores dispútanse os oitavos de final da XXV Copa Deputación que serán a partido único.Un dos focos de atracción estará no campo de Fontenla, onde o renovado Xallas de Santa Comba,que adestra Julio Martínez, buscará eliminar ao Somozas de Terceira División e conquerir o pasaporte para uns cuartos de final nos que podería recibir (si se clasifican) ao potente Rácing de Ferrol que militará esta tempada na Segunda B.


O excelente arranque dos xalleiros xenera moita ilusión no plantel, que se prepara para o encontro deste mércores, conscientes de que reciben a un conxunto de superior categoría. O Somozas sufriu na anterior eliminatoria no campo do Victoria ao que superou na quenda de penalties.


O Xallas de Santa Comba C.F. eliminou a Malpica(0-3-) e Soneira(1-39, xogando os dous partidos como visitante. Nos dous emparellamentos marcou o xalleiro Darío Capelo, que suma tres dianas nesta copa. Alfonso, Marquiños e José Suárez tamén marcaron.


Horario dos encontros

San Tirso SD - Ordenes SD 20:00 horas.

SD Negreira - CD Dorneda 20:00 horas.

SE Abellá - Bergantiños CF 20:30 horas.

Galicia de Mugardos - Racing de Ferrol 19:00 horas.

Xallas de Santa Comba - UD Somozas 19:00 horas.

Silva SD - CD Boiro 20:00 horas.

Laracha CF - CD As Pontes 20:30 horas.

CCD Cerceda - SD Compostela 20:00 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario