l

domingo, 25 de agosto de 2013

O XALLAS GAÑA E ILUSIONA

Richi e César marcaron para un Xallas moi serio, motivado e que ofreceu unha boa impresión



Xallas de Santa Comba-2-Galicia Mugardos-1-


O Xallas formou con Diego,Rubén, Ivan Forján, Héctor, Rubio, Alfonso,Darío, Alberto, Richi, César, Marquiños. Tamén xogaron Diego Maneiro, Cristian e Marcos Martínez.


O Xallas de Santa Comba estreouse na Preferente cunha importante victoria fronte ao Galicia de Mugardos, e nun partido no que os de Julio Martínez mereceron gañar e mantiveron un nível óptimo, e tan só baixaron a garda despois de recibir gol dos visitantes.


No minuto 6 os xalleiros xa marcaron. Alfonso puxo a proba ao gardameta visitante Iñaki, e nun rexeite foi Richi o que disparou con efectividade. No primeiro tempo, houbo varias xogadas de perigo. Un córner botado por Darío Capelo(min 16) que rematou  Héctor saiu rondando a portería e César e Ivan Forján tamén dispuxeron de ocasións. Pólos visitantes Kevin desperdiciou unha clara ocasión e Pablo Fuentes encontrouse cun atento meta Diego.




Na segunda mitade, os dous equipos sairon a solventa-la contenda, e despois dunha ocasión clara de Dieguito, o Xallas devoltou o perigo cun tiro de Richi que non poido culminar unha asistencia de Darío. Sería no minuto 51 cando os locais asestarían um duro golpe aos de Ferrolterra. Darío arrancou unha xogada, e Rubén Forján logrou internarse na área, pola banda, e serviu un balón que foi executado por César. O mesmo futbolista César protagonizou outra acción que despois dunha melé case se converte no terceiro tanto. Outro pase calculado de Rubén no logrou solventa-lo Richi que pese a desmarcarse bem encontrouse co porteiro Iñaki(min63). Estas oportunidades de sentenciar non aproveitadas, voltáronse en contra do Xallas, que recibía un gol no minuto 73, e sufría un baixón que a piques estivo de estragar todo o traballo desenvolto.




Entre a defensa (con homes como Rubio ou Héctor que estiveron moi atentos e resolutivos) e o porteiro Diego, foron saindo apuro. E tamén dispuxeron de algunhas ocasións en disparos de Rubén(76), nunha xogada persoal de Cristian(85) ou nas botas de Alfonso(89).


Abaixo Che Gerpe e Camacho, dous grandes siareiros do XSC







No hay comentarios:

Publicar un comentario