l

domingo, 4 de agosto de 2013

Nené reforza ao Camariñas

A última fichaxe do equipo de Primeira Autonómica.


Nené rematará o seu ciclo de xuvenil no Camariñas. Este xogador de carácter ofensivo acaba de ser fichado para a plantilla do equipo que milita na Primeira Autonómica pero tamén participará no conxunto xuvenil que adestra Pirucho.

Pese a súa corta idade, Xosé Manuel Lema Campaña (Camariñas, 1995) xa militou en varios equipos como a EMF Vimianzo, o Ponteceso e mesmo o Camariñas onde chegou a debutar na Liga da Costa (Segunda autonómica) da man do técnico Juan Cortés "Papi".




Antes xogou  unha tempada no Bergantiños, onde militou no equipo da Liga Galega Cadete que logrou o ascenso e disputou dous encontro co equipo da Liga Nacional Xuvenil.

A última tempada, Nené,  xogou no Porteño da terceira autonómica, que conseguiu ascender. Agora regresa o equipo do seu pobo con moita ilusión.









No hay comentarios:

Publicar un comentario